Dereito celebrou a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort
O reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, presidiu este luns o acto académico en honra de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito, no que se lle entregou a insignia da Facultade ás profesoras Milagros Otero Parga e Esperanza Sixto da Silva con motivo dos seus 25 anos de servizo no centro.
Á cerimonia asistiron entre outros o alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa; o decano do centro, Luis Míguez Macho; o decano de Dereito da Universidade da Coruña, Miguel Gayan; a secretaria da facultade de Ciencias Xurídica se do Traballo da Universidade de Vigo, Patricia Valcárcel; a vicedecana do centro compostelán, Isabel Lirola; e o vicedecano, Santiago Brage.
No transcurso do acto, no que o secretario da facultade leu a memoria do centro correspondente ao pasado curso, entregáronse os diplomas ao alumnado que rematou o seu estudos o ano académico 2010-11.