Dereito celebrou o seu patrón
A lección maxistral correu a cargo do maxistrado do Tribunal Supremo, José Luis Seoane, quen abordou o vínculo entre cambio social e dereito
Santiago de Compostela
O reitor Antonio López presidiu este venres o acto institucional co gallo da festividade de San Raimundo de Peñafort, patrón da Facultade de Dereito. A sesión, que contou coa presenza da decana do centro, Ana Gude, e do director xeral de Xustiza, Juan José Martín, serviu de marco para a entrega dos diplomas ao alumnado que rematou a titulación de Criminoloxía no ano académico 2019-2020.
A lección maxistral correu a cargo do maxistrado do Tribunal Supremo, José Luis Seoane, quen abordou o vínculo entre cambio social e dereito, centrándose no papel do xurista. A entrega da insignia da Facultade aos profesores Julio Jorge Urbina e a Miguel Arenas Meza con motivo dos seus 25 anos de servizo, completaron o acto.