Dereito profunda na prórroga das concesións dos servizos públicos
A xornada ‘Municipios e Competencia’ botou a andar este mércores 8 na Facultade de Dereito da USC co obxectivo de debater sobre os retos das prórrogas de concesións para a competencia e a regulación. A sesión inaugural deste foro organizado pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e a Comisión Galega da Competencia (CGC), estivo presidida polo reitor Antonio López e contou coa presenza de Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia.
A xornada realízase ao abeiro do proxecto homónimo que a CNMC desenvolve en colaboración con autoridades autonómicas de competencia para mellorar a calidade da regulación e a intervención municipal. O acto inaugural contou coas intervencións de Cani Fernández Vicién, presidenta da CNMC; e Ignacio López-Chaves Castro, presidente da CGC.
Ao longo da xornada, desenvolvéronse diversas mesas redondas en materia de importancia da competencia no ámbito municipal e competencia e contratación pública (a prórroga dos contratos).