A derradeira promoción de Relacións Laborais de Santiago celebra este sábado a súa graduación
A derradeira promoción da Diplomatura de Relacións Laborais de Santiago, á correspondente ao período 2008-2011, celebra este sábado 7 o seu acto de graduación cunha sesión protocolaria que presidirá a vicerreitora de Persoal Docente e Investigador, Carmen Fernández Morante. A sesión comezará ás 18:00 horas no Hotel Los Abetos (San Lázaro s/n) coa intervención de Alba Penerbosa e Alberto Oubiña, en representación do alumnado, seguíndolle as palabras que pronunciarán Mª Jesús Souto e Cándido Calo como padriños da promoción. Logo da intervención do presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, German Prieto-Pugar, e do director da Escola da USC, Juan Ares, procederase á entrega de diplomas conmemorativos da graduación. A vicerreitora Carmen Fernández Morante será a encargada de clausura a sesión.