Ir o contido principal

Descubrimento dunha placa conmemorativa de Lois Tobio na Facultade de Xeografía e Historia

O embaixador, xurista, escritor e profesor Lois Tobio (1906-2003) contará desde este sábado cunha placa na súa honra na Facultade de Xeografía e Historia da USC, que lembra deste xeito as aulas de Dereito en lingua galega impartidas por Tobio na Facultade compostelá nos anos 30.

O decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Juan Manuel Monterroso; a vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva Domínguez, e unha delegación da Irmandade Xurídica Galega, serán algúns dos participantes no descubrimento da placa en lembranza de Lois Tobio, un acto que se desenvolverá a partir das 11.30 horas, na Aula 8 da referida facultade.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 26.06.2015.