Descubrimento dunha placa na honra de Pereiro Espinel no Hospital Veterinario Rof Codina
A Fundación Rof Codina descubrirá este mércores 5, ás 18:00 horas, unha placa en lembranza do profesor José Luis Pereiro Espinel, que foi director veterinario do hospital clínico do campus lucense e profesor nesta facultade. Nesta homenaxe participarán a presidenta da Fundación, a conselleira Laura Sánchez Piñón; o reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o Alcalde, José López Orozco; o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, membros de anteriores directivas da fundación e familiares do profesor falecido.
A placa estará situada no vestíbulo de entrada do hospital Rof Codina, xunto a Admisión.