Ir o contido principal

A desigualdade de xénero no ámbito laboral, a debate en Ade

Debate sobre desigualdade de xénero no ámbito laboral
Debate sobre desigualdade de xénero no ámbito laboral
Cinco profesionais abordan ante estudantes de Ade a igualdade de xénero en distintos ámbitos laborais nun coloquio moderado pola profesora Ángeles López Cabarcos

A desigualdade de xénero no ámbito laboral centrou este mércores a temática dunha mesa de debate desenvolvida na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC. Esta sesión, promovida polo alumnado de terceiro curso do grao en ADE no marco dun estudo sobre a relación das persoas no ámbito organizativo, estivo moderada pola profesora Ángeles López Cabarcos e contou como relatores con cinco persoas representativas de ámbitos profesionais e laborais diversos.

A secretaria Xeralde Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, abriu a quenda de intervencións cun relato no que tratou a relación entre conciliación e desigualdade laboral e as diversas medidas implantadas pola Administración. De seguido, Leticia Vázquez Tarodo, Controller financeiro en Cafés Candelas SL, abordou a realidade da desigualdade nos postos de dirección.

As diferencias de retribucións e salarios entre homes e mulleres vertebrou a intervención neste foro de Carme Aira Paz, membro da executiva federal de CIG-Saúde-Secretaría da Muller e da Negociación Colectiva. O profesor, investigador e colaborador do ISSGA e do Colexio de Psicólogos de Galicia Carlos Montes Piñeiro afondou na prevención da desigualdade no marco dun foro que pechou a coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, Eva Aguayo Lorenzo, quen achegou a súa visión sobre a desigualdade no ámbito universitario, ao tempo que tratou sobre as medidas activadas ao respecto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.04.2018.