Ir o contido principal

Os máis destacados investigadores do mundo no eido da literatura e cultura do Século de Ouro reúnense a vindeira semana en Compostela

O VIII Congreso da Asociación Internacional Siglo de Oro preséntase en rolda de prensa en Fonseca este xoves, 3 de xullo, ás 11:00 horas

Máis de 300 congresistas de catro continentes reuniranse en Santiago a vindeira semana para asistir, entre o 7 e o 11 de xullo, ao VIII Congreso da Asociación Internacional Siglo de Oro ‘Compostella Aurea’, que organizan conxuntamente a USC e a Sociedad Estatal de Conmemoraciones y Congresos.
O congreso será presentado este xoves, día 3, nunha rolda de prensa a celebrar na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca ás 11:00 horas. Participarán os coordinadores do encontro, os profesores Antonio Azaustre Galiana e Santiago Fernández Mosquera.
AISO é unha das máis prestixiosas asociacións internacionais do hispanismo que agrupa aos máis destacados investigadores do mundo no eido da literatura e cultura do Século de Ouro. A este oitavo congreso asistirán hispanistas de Canadá, EEUU, México, Arxentina, Chile, Brasil, China, Xapón, India, Irán, Corea, Suecia, Alemania, UK, Italia, Francia, Bulgaria e Senegal.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.07.2008.