Ir o contido principal

Detlef Kappeler doa tres das súas obras á USC

‘Temporal’ (2009) e ‘A vida é unha vaga á cal nos sometemos’ (2006) xa se encontran na Facultade de Bioloxía da USC. FOTO: Santi Alvite
‘Temporal’ (2009) e ‘A vida é unha vaga á cal nos sometemos’ (2006) xa se encontran na Facultade de Bioloxía da USC. FOTO: Santi Alvite
Trátase de ‘Ningunha ledicia é tan resplandecente coma o mar’ (2012), peza que se atopa no último andar da Casa da Balconada; ‘Temporal’ (2009) e ‘A vida é unha vaga á cal nos sometemos’ (2006), cadros que xa se encontran na Facultade de Bioloxía da USC
Santiago de Compostela

O artista expresionista alemán Detlef Kappeler (Stettin, 1938), que actualmente reside en Muxía, acaba de doar tres das súas obras á USC. Trátase de ‘Ningunha ledicia é tan resplandecente coma o mar’ (2012), peza que se atopa no último andar da Casa da Balconada; ‘Temporal’ (2009) e ‘A vida é unha vaga á cal nos sometemos’ (2006), cadros que xa se encontran na Facultade de Bioloxía da USC. 

O decano deste centro, Jesús López Romalde, recibiu este mércores 12 a Kappeler en sinal de agradecemento pola doazón. Na xuntanza tamén participaron o vicedecano Javier Salgado Castro e a vicedecana Otilia Reyes Ferreira. O artista estivo acompañado pola súa colaboradora, Nuria Kolb, e a súa parella, Almut Kappeler.
 
Parte destas pezas expuxéronse na Igrexa da Universidade durante a exposición FOULA de 2019, que se centrou na temática da fuxida e o mar como forza ambivalente. Durante a súa traxectoria como artista, Kappeler realizou exposicións e proxectos en diversos países como Alemaña, España, Italia, Polonia ou Francia, entre outros. Ademais, compaxina a súa traxectoria nas artes plásticas con labores na Facultade de Arquitectura da Universidade de Hannover dende 1974, da que actualmente é profesor emérito.
 

De esquerda a dereita, Almut Kappeler, Nuria Kolb, Detlef Kappeler, Jesús López Romalde, Otilia Reyes Ferreira e Javier Salgado Castro. FOTO: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Almut Kappeler, Nuria Kolb, Detlef Kappeler, Jesús López Romalde, Otilia Reyes Ferreira e Javier Salgado Castro. FOTO: Santi Alvite
Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.04.2023.