Ir o contido principal

Dezaoito historiadores reflexionan sobre arte galega nunha publicación que se presenta o xoves

Dezaoito historiadores reflexionan sobre arte galega nunha publicación que se presenta o xoves
Dezaoito historiadores reflexionan sobre arte galega nunha publicación que se presenta o xoves

O grupo de investigación Iacobus da USC presenta o xoves 25 ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia o libro La Huella Impresa, que se corresponde co oitavo número da serie ‘Opus Monasticorum’. Na presentación participarán o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, José Pereira Fariña; a coordinadora do volume, Carla Fernández Martínez; o decano e o secretario da Facultade, Juan Monterroso e José Miguel Andrade Cernadas; e o editor Henrique Alvarellos. En La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego dezaoito historiadores da arte –integrantes do grupo Iacobus– dan a coñecer as súas últimas investigacións que abren novos camiños na interpretación da arte galega. No volume, dirixido por Juan Monterroso, estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporáneas e poñen en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición da imprenta.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.06.2015.