Ir o contido principal

O día 30 remata o prazo de matrícula nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas

O día 30 remata o prazo de matrícula nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas
O día 30 remata o prazo de matrícula nos cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas
Diríxense á comunidade universitaria e a maiores de 16 anos

O próximo día 30 remata o proceso de matrícula para os cursos intensivos de verán que o Centro de Linguas Modernas ofertará en xullo. É unha oferta educativa dirixida tanto á comunidade universitaria como a persoas maiores de 16 anos, con diferentes posibilidades de horario e nivel académico. Non obstante, o día 4 de xullo está prevista a celebración dun 2º test de nivel para os cursos de inglés en Santiago, a celebrar ás 12.00 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición nesta proba ata o propio día de celebración e, neste caso específico, a matrícula ampliarase ata o 11 de xullo.

Oferta de cursos intensivos
A oferta do Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) inclúe entre as súas novidades para este verán cursos intensivos de preparación do exame Noken de Lingua xaponesa, un curso de lingua inglesa para fines académicos, outro de lingua chinesa a través dos seus textos, un intensivo de inglés nivel B1 de 80 horas durante xuño e un curso de galego para non galegofalantes. A oferta total deseñouse tendo en conta a grande acollida tanto en número de persoas matriculadas como en valoración das últimas convocatorias.

En Santiago, en nivel de iniciación, poderán realizarse cursos de alemán, árabe, catalán, coreano, checo, chinés, eslovaco, euskera, galego para non galego falantes, grego moderno, húngaro, italiano, lingua de signos, neerlandés, polaco, portugués, ruso, sueco e xaponés. No nivel intermedio poderá realizarse a matrícula en francés, lingua de signos e inglés, deste último tamén en nivel avanzado. No Campus de Lugo, en iniciación ofértanse alemán, italiano, lingua de signos e portugués, ademais de inglés en intermedio.

Os cursos de iniciación inclúen contidos lingüístico dos nivel A1 segundo o MECR necesarios durante as estadías de estudo, traballo ou turismo así como outros contidos relacionados coa cultura e civilización dos países de fala. No caso dos cursos de inglés e de francés en nivel intermedio e avanzados poden servir como preparación para os exames de acreditación segundo o MECR. En todos os cursos de linguas modernas, máis que contidos gramaticais, preténdese ofrecer técnicas e prácticas de destrezas, estratexias de comunicación así como contidos específicos e funcionais útiles nas estadías no estranxeiro.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.06.2016.