Ir o contido principal

O Día da Psicoloxía Académica pon o foco no uso das TIC

O reitor presidiu o acto institucional para conmemorar o patrón do centro. FOTO: Santi Alvite
O reitor presidiu o acto institucional para conmemorar o patrón do centro. FOTO: Santi Alvite
O reitor Antonio López presidiu o acto institucional que serviu de colofón a toda unha semana na que Santiago foi escenario dun programa de actividades que afondou no vínculo entre intervención psicolóxica e sociedade dixital
Santiago de Compostela

A Facultade de Psicoloxía celebrou este xoves o Día da Psicoloxía Académica cun acto presidido polo reitor Antonio López e no que tomaron parte a decana do centro Lourdes Mirón Redondo e a decana do Colexio de Psicoloxía de Galicia, Rosa Álvarez Prada. 

Cristina Botella Arbona, catedrática de Psicoloxía Clínica da Universidade Jaume I de Valencia foi a conferenciante invitada para abordar a ‘A utilización das TIC na intervención psicolóxica’. A entrega de insignia e diploma aos estudantes de premio extraordinario de grao e máster completaron un acto que serviu de colofón a toda unha semana na que a cidade de Santiago foi escenario dun programa de actividades destinado a abordar o vínculo entre sociedade dixital e intervención psicolóxica. 

Baixo o lema ‘Unha ollada sobre a sociedade dixital’, Facultade e Colexio abordaron a través de diferentes mesas redondas e relatorios o nexo entre adiccións e tecnoloxías, salientando como estas contribúen a rachar fendas sociais, e como xeran novas vínculos na sociedade. 
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2020.