Ir o contido principal

Dinámica de sensibilización para experimentar situacións reais ás que se enfrontan as persoas con discapacidade

Instantánea dunha dinámica de sensibilización
Instantánea dunha dinámica de sensibilización

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC colabora este xoves 5 nunha interesante actividade que busca a experimentación en primeira persoa de situacións reais ás que se enfronta alguén con discapacidade e cómo as afronta. Reflexionarase así sobre as posibles solucións individuais e colectivas que calquera pode achegar para mellorar a realidade destas persoas.

A compañía da ONCE ILUNION Tecnología y Accesibilidad e Enxeñeiros sen Fronteiras propoñen unha dinámica de sensibilización centrada nos diferentes tipos de discapacidades que se realizará de 12.00 a 14.00 en espazos cotiáns como as salas e corredores das Facultades de Filosofía­ e Xeografía e Historia.

Coa experiencia preténdese eliminar as ideas negativas e estereotipos preconcibidos que se asocian á discapacidade, aprender cómo se desenvolve unha persoa con discapacidade nas súas actividades diarias, aprender e mellorar habilidades sociais e comunicativas e adquirir actitudes críticas cara ás barreiras existentes (arquitectónicas, sociais, comunicación,...).

As persoas interesadas poden solicitar máis información en sepiu.santiago [at] usc.es (subject: Te%C3%B1o%20interese%20en%20recibir%20informaci%C3%B3n) (sepiu[dot]santiago[at]usc[dot]es).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2015.