O director da Área TIC da USC participa en Madrid no Foro Internacional de Contidos Dixitais
O director da Área TIC da USC, Javier Franco, participa este xoves en Madrid no Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD 08), lugar de encontro para os profesionais das publicacións dixitais, a formación en liña, os contidos xerados polos usuarios, a televisión, a publicidade, o cine ou a música.
Javier Franco, que tamén asiste en calidade de secretario executivo da Sectorial TIC da CRUE, participa na mesa redonda ‘Creación e formación: os profesionais do futuro’. Nela compartirá a sesión co director de Planificación e Relacións Externas de Red.es, Gonzalo Díe; o director de Formación Permanente e a Distancia da UPV, Miguel Ferrando; o director de MEDIA Desk España, Jesús Hernández; o director da Escola de Cinematografía da Comunidade de Madrid, Fernando Menéndez-Leite; o responsable de Animation Gobelins, Eric Riewer; e coa profesora da Universidade Jorge Tadeo Lozano de Bogotá, Beatriz Rolón.