Ir o contido principal

O director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza disertará na USC sobre novas vías de achegar os contidos da historia da arte á sociedade da comunicación

O director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, Gillermo Solana, impartirá este martes 18 a partir das 20.00 horas unha conferencia no Salón Nobre do Colexio de Fonseca co título 'A Historia da Arte na sociedade en rede: novos retos, novos desafíos' e organizada pola recén constituída sección de Arte do Colexio de Filosofía e Letras. Nesta intervención presentará as súas reflexión sobre como como achegar os contidos da historia da arte a unha nova sociedade da comunicación ou sobre a interconexión en rede. A partir das 19.30 horas, con anterioridade á conferencia, está programada tamén un coloquio sobre museos e redes sociais, na que participarán a historiadora da arte e community manager en museos Marta Lorenzo e Guillermo Solana. O diálogo presentará un debate arredor da necesidade da historia da arte de reformular a maneira de facer chegar ao público os seus estudos e investigación. Os seus promotores consideran preciso abordar a conveniencia de redefinir a forma de transmitir os discursos, así como revisar os contidos de divulgación neste ámbito.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.03.2014.