O director do Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa da USC, distinguido coa Cruz ao Mérito Naval de distintivo branco
O director do Seminario de Estudos de Seguridade e Defensa da USC, José Julio Fernández Rodríguez, acaba de ser distinguido coa Cruz ao Mérito Naval con distintivo branco pola súa contribución á difusión no ámbito académico da cultura da seguridade. A medalla seralle concedida en Madrid no transcurso dun acto solemne que se vai celebrar este venres 21 na sede do Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN).
José Julio Fernández é profesor de Dereito Constitucional da USC e vicevaledor do Pobo de Galicia. Ademais, é autor de numerosas publicacións científicas que se teñen difundido en doce países, conferenciante internacional, profesor convidado en diversas universidades europeas e americanas, analista e asesor de relevantes institucións.