Ir o contido principal

O director xeral de Agricultura da Comisión Europea fala na EPS sobre as perspectivas financeiras da reforma da PAC

O programa docente do Máster en Xestión Sustentable da Terra e do Territorio prestará atención á reforma da Política Agraria Común (PAC), de actualidade nas últimas semanas.

Así, o director xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva, impartirá a conferencia ‘As perspectivas financeiras da reforma da PAC’ nunha sesión que está programado que comece ás 17.00 horas no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.10.2011.