Ir o contido principal

O director xeral do Grupo Lareira imparte unha conferencia na Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo recibe este mércores 5 ao director xeral do Grupo Lareira, Antoní Gordó, que impartirá a conferencia ‘Grupo Lareira. Plan de futuro. As relacións humanas como clave do éxito’. A sesión celebrarase a partir das 11:00 horas no Salón de Graos do centro lugués.
Antoní Godó posúe unha dilatada traxectoria como empresario, executivo e analista e consultor de empresas en toda España. Na actualidade ocupa o cargo de director xeral do Grupo Lareira, empresa dedicada á fabricación de mobles de cociña, armarios a medida, casa de madeira e cociñas domóticas.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.11.2008.