Ir o contido principal

O director xeral de Xuventude e Voluntariado explica en Ciencias Políticas os recursos e políticas públicas dispoñibles en Galicia para a xuventude

O máster oficial en Xuventude e Sociedade organizará este xoves 9 unha conferencia na que o director xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro Tato, dará conta dos recursos e políticas públicas para a xuventude en Galicia. A intervención comezará ás 18.15 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, aberta a toda a comunidade universitaria e ao público interesado. Esta posgrao outorga ao alumnado especialización en campos como a xestión de centros para a xuventude e servizos de información xuvenil, así como na avaliación e implementación de políticas públicas nesta mesmo eido. Os recursos e estratexias para a inserción laboral e o deseño de estudos e produción de datos sobre a xuventude son outras asuntos que se abordan no desenvolvemento académico deste máster.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2012.