Ir o contido principal

A directora da Biblioteca Universitaria continuará dous anos máis como secretaria executiva de Rebiun

A directora da Biblioteca Universitaria continuará dous anos máis como secretaria executiva de Rebiun
A directora da Biblioteca Universitaria continuará dous anos máis como secretaria executiva de Rebiun

A Asemblea Anual da Rede de Bibliotecas Universitarias da CRUE (REBIUN) acaba de renovar como secretaria executiva desta sectorial á directora da Biblioteca Universitaria da USC, Mabela Casal, cargo que ocupará os vindeiros dous anos. En Rebiun están representados os/as responsables dos servizos bibliotecarios de 76 universidades españolas e o CSIC.

No marco desta asemblea aprobáronse os obxectivos deste grupo para o vindeiro ano, entre os que se atopan a elaboración dun novo plano estratéxico así como o reforzo de alianzas estables a nivel internacional, nomeadamente coas bibliotecas universitarias portuguesas. Outro aspecto que a Asemblea aprobou foi impulsar o papel dos repositorios como infraestruturas abertas, distribuídas e sostibles, asumindo un papel máis activo no ciclo de xeración e difusión do coñecemento e a promoción da difusión da Axenda 2030, así como o emprendemento de accións encamiñadas a favorecer o logro dos obxectivos e metas de desenvolvemento sostible.

Foto de grupo da Asemblea celebrada na Universidade de Salamanca

Os contidos desta páxina actualizáronse o 15.11.2018.