Ir o contido principal

A directora de programas da Axencia Galega de Innovación explica en Económicas as políticas de I+D+i da Xunta

O Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación da USC que coordina o profesor Xavier Vence Deza organiza para o luns 25 unha conferencia na que a directora da Área de Programas de Innovación da Axencia Galega de Innovación, Pilar Morgade Saavedra, explicará as políticas de I+D+i da Xunta de Galicia a través dos distintos programas, especialmente RIS3 e o novo marco PO Feder e POCint. O relatorio, de asistencia libre, desenvolverase a partir das 17.30 horas na Aula 20 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2015.