Ir o contido principal

Dispoñibles na web do Servizo de Publicacións as versións dixitais dos volumes de outono de Unelibros e Unerevistas

Dispoñibles na web do Servizo de Publicacións as versións dixitais dos volumes de outono de Unelibros e Unerevistas

Na páxina web do Servizo de Publicacións están xa dispoñibles as entregas dixitais de outono de Unelibros e Unerevistas, boletíns semestrais da Unión de Editoriais Universitarias dirixidos polo director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, que incorporan as novidades de todos os asociados e novas e reportaxes do sector.

Unelibros conta cunha versión impresa da que se fai unha tiraxe de 4000 exemplares que se distribúen institucionalmente e entre profesionais do eido da edición científica e académica. Nesta entrega de Unelibros, ademais, hai un amplo informe das primeiras coleccións universitarias certificadas co selo de calidade editorial CEA-APQ (avalado por Fecyt e Aneca) e unha interesante entrevista co novo director da ANECA.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 13.02.2023.