Distintivo de calidade turística para o Museo de Historia Natural de USC
O Museo de Historial Luis Iglesias da Universidade de Santiago recibe este xoves o distintivo de calidade do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED). Este proxecto da Secretaría Xeral de Turismo e xestionado en Compostela por INCOLSA, responde á necesidade de dotar aos destinos turísticos de mecanismos que permitan integrar e focalizar as actuacións emprendidas baixo un obxectivo común.
O distintivo concédeselle a aqueles organismos e empresas que superen satisfactoriamente a avaliación nos ámbitos de destino, sector e manual de boas prácticas.
O acto de entrega desenvolverase este xoves ás 20:30 horas no Hostal dos Reis Católicos e a el asistirá en representación do Museo a súa directora.