Ditame do IX Concurso ‘A ciencia en imaxe’
O xurado da novena edición do Concurso ‘A ciencia en imaxe’ acaba de facer público o seu ditame. Na modalidade de fotografía, o primeiro premio foi para M. Pilar Vázquez Tato pola fotografía ‘Unha pinga de Ciencia’ e o segundo para Enaitz Busto Ziarreta por ‘A curiosidade matou a mosca’. Xa en vídeo divulgativo, Luis Arcelle González foi recoñecido co primeiro premio por ‘Que sería das verbenas sen Bunsen y Kirchhoff?’ e Fernando Barbadillo Jove, Fernando Díaz Gómez e Manuel Losa César co segundo polo vídeo divulgativo ‘Cristales de plata’. Esta é unha convocatoria promovida polas facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas, Química e a Real Academia Galega de Ciencias con motivo da festividade do seu patrón, San Alberte Magno
O contido das propostas debía estar relacionado coas Ciencias, como por exemplo, os seus conceptos fundamentais, científicos/as, fenomenoloxía, aplicacións tecnolóxicas, ou temas de investigación, entre outros. En fotografía, o primeiro premio ascende a 200 euros, mentres que o segundo é de 100 euros. 250 e 125 euros son, respectivamente, as dotacións do primeiro e segundo premio na modalidade de vídeo
Esta convocatoria estaba aberta á comunidade universitaria da USC así como á dos centros de Ensino Medio de Galicia nos que se impartan ESO e Bacharelato. A autoría das fotografías debía ser individual mentres que a dos vídeos podía ser individual ou grupal, de acordo cos requirimentos que se establecen nas bases da convocatoria.