Ir o contido principal

A divulgación e a comunicación efectiva da ciencia centra en setembro a temática dun seminario estival da USC

Cartaz da Universidade de Verán 2017 da USC
Cartaz da Universidade de Verán 2017 da USC
O programa, impartido por integrantes do colectivo Big Van Científicos sobre Rodas, comeza o 6 de setembro no Ieside de Santiago. Matrícula aberta ata o 25 de agosto

‘Contar a ciencia. Técnicas para a comunicación efectiva da ciencia, por Big Van Científicos sobre Rodas’ é o título do curso incluído na programación da Universidade de Verán da USC que se desenvolverá do 6 ao 8 de setembro na compostelá sede do centro Ieside de Santiago de Compostela. Estruturado en 25 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 30 persoas, este programa estival de formación e divulgación científica, está dirixido por María Victoria Otero Espinar e Eduardo Sáenz de Cabezón.

Os obxectivos deste programa incluído na Universidade de Verán 2017 da USC son ambiciosos, pero a premisa fundamental dos promotores desta acción formativa, encadrada na Universidade de Verán 2017 da USC e que conta con financiamento da Fundación Aquae, pasa por dotar aos profesionais da ciencia e da comunicación de ferramentas escénicas e narrativas que contribúan a mellora as súas técnicas en divulgación e comunicación. Capacitar ao alumnado participante para poder desenvolver textos cun contido científico de forma que poidan ser dirixidos a un público non especializado, é outra das pretensións deste foro estival da USC.

Estruturado en relatorios e sesións participativas, a maioría das clases programadas no marco deste foro estival da USC serán impartidas polos integrantes do colectivo Big Van Científicos sobre Rodas Elena Burón González e Eduardo Sáenz de Cabezón, doutores en Bioloxía e Matemáticas respectivamente.

A expresión sensorial e corporal, así como a construción de imaxes centrará a temática da primeira xornada deste foro estival da USC, para, ao día seguinte, afondar na construción de textos, un proceso en cuxa explicación e análise participará o coordinador do Centro de Narración Oral ‘Eduardo Galeano’ da Universidade de Córdoba Héctor Urién. A presenza escénica e a consciencia do público son outros dos aspectos que se tratarán no marco deste programa da Universidade de Verán da USC.

As persoas interesadas en obter máis información respecto do programa deste curso de verán da USC, poden facelo a través da web da Universidade de Verán da USC 2017, onde tamén se é posible formalizar a inscrición neste programa, para o que está aberta a matrícula ata 25 de agosto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.07.2017.