Docentes de Medicina enfróntanse no I Partido Solidario
Dous equipos de docentes da Facultade de Medicina enfrontaranse este xoves 28 no I Partido Solidario, unha iniciativa da asociación ‘Estudantes sen Fronteiras’ (ESF) para recoller alimentos e artigos de hixiene persoal para a súa doazón á Cociña Económica e ao albergue San Francisco para persoas en situación de exclusión social. O partido disputarase a partir das 21:00 horas na pista principal do pavillón polideportivo da USC.
No tempo de descanso do encontro sortearanse varios artigos doados polos patrocinadores da competición así como por algúns profesores da Facultade de Medicina. As persoas interesadas en presenciar o encontro deberán contribuír con tres unidades de alimentos non perecedoiros ou dúas unidades de utensilios de hixiene persoal, polas que recibirán unha entrada para acceder ás instalacións deportivas. O troco poderá realizarse no pavillón no mesmo día do encontro ou na Facultade de Medicina ao longo de toda a semana.
Trátase do segundo evento que ESF realiza dentro de su programa de acción local. O primeiro, o Almorzo Solidario co que anualmente se recadan fondos para la escola ‘Camilo José Cela’ do Hospital Clínico Universitario, xa cumpriu a súa terceira edición.
Asociación sen ánimo de lucro formada integramente por estudantes de Medicina da USC, ‘ Estudantes sen fronteiras’ tenta con estas iniciativas favorecer a construción dunha conciencia universitaria transversal que se cimente en valores como a solidariedade, o traballo e a cooperación.