Docentes universitarios de Xapón visitaron o Departamento de Estomatoloxía da USC

Profesores da Facultade de Odontoloxía de Fukuoka (Xapón) visitaron recentemente o Departamento de Estomatoloxía da USC para compartir experiencias educativas. Entre outras actividades, participaron nun curso de innovación docente sobre o proceso de Bolonia nos estudos de Odontoloxía.
Neste curso interviñeron os profesores da USC Celso Rodríguez, Pedro Diz Dios, David Suarez-Quintanilla, Juan Seoane e Purificación Varela, ademais do catedrático da Universidade de Oviedo, Alfonso Villa-Vigil. Do caso xaponés falaron os profesores Yasuaki Kakinoki, Lee Chang-il e Shunji Kohnoe.
O seminario estivo dirixido polo decano da Facultade compostelá, Jose Mª Fraga, e polos profesores Mª Jesús Mora e José Manuel Gandara.