Ir o contido principal

Un documental de alumnado de Ciencias da Comunicación retrata a USC en formato 360º

Captura dunha das pezas do documental que se achega a laboratorios da USC. Foto: USC360
Captura dunha das pezas do documental que se achega a laboratorios da USC. Foto: USC360

O documental USC360 é un conxunto de catro pezas sobre a vida universitaria, a cultura, a ciencia, o deporte a historia da Universidade de Santiago gravadas en 360º, o que o converte nun dos primeiros proxectos destas características que se realiza en Galicia. Os seus promotores, un grupo de estudantes de 4º de Xornalismo dirixidos por Manuel Gago no marco da materia de Novos formatos e produtos para a rede, presentaron este xoves o documental na Sala 3 de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación.

A presentación, logo dunha explicación do proxecto e da tecnoloxía empregada, realizouse coa utilización de lentes de realidade virtual, o que permitiu aos asistentes descubrir distintos puntos da vida universitaria, tales como a Escola Técnica Superior de Enxeñaría, a Biblioteca América ou o pavillón de atletismo do campus.

O documental fai uso de tecnoloxía xa empregada en medios diversos medios de comunicación nacionais e internacionais como forma de enriquecer e expandir a experiencia de usuarios/as na súa aproximación a determinadas realidades. Neste senso, os autores explicaron que a realidade virtual está facerse un oco en case todos os campos do entretemento e a comunicación, dende videoxogos e series de realidade aumentada ata reportaxes e noticias, de xeito que o público séntese inmerso no lugar dos feitos.

O documental achégase a diversos espazos simbólicos da USC, como o Colexio de Fonseca. Foto: USC360 A presentación do documental completouse cunha sesión con gafas de realidade virtual. Foto: Servimav-USC

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.05.2016.