Ir o contido principal

O documental Las maestras de la República proxéctase en Ciencias da Educación

O documental Las maestras de la República proxectarase este venres 3 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida) a partir das 17.00 horas nun acto que presidirá o decano deste centro, Lois Ferradás. Logo da súa proxección celebrarase unha mesa redonda na que intervirán o profesor Anxo Porto, do Departamento de Didáctica e Organización Escolar, e a profesora María Jesús Souto Blanco, da área de Historia Contemporánea. Esta produción audiovisual está elaborado a modo “de pequeno homenaxe ás mestras republicanas que, cun libro e un xiz, dedicaron as súas vidas a ensinar as palabras coas que se nomean a liberdade, democracia, xustiza e igualdade”, explican os promotores do documental.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.05.2013.