Ir o contido principal

O 'Don Giovanni' de Mozart, a exame no ciclo Formas e Xéneros da Fonoteca Universitaria

A Fonoteca da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá este luns, día 26, ás 19:00 horas, unha charla explicativa titulada ‘A ópera seria: D Giovanni (de Mozart)’ que pronunciará o profesor da USC, Javier Garbayo.
Esta charla enmárcase no ciclo ‘Formas e Xéneros’ que continuará no mes de abril con outro relatorio titulado ‘A sinfonía: Sinfonía n.9 de Beethoven’. Ao mes seguinte, o catedrático Carlos Villanueva explicará ‘Tristán e Isolda’ de Wagner o luns 7 e o ballet no século XX o luns 21.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 23.03.2007.