Ir o contido principal

A D.O.P. Queixo San Simón recolle o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Daniel Pérez recolle o premio de mans da conselleira Rosa Quintana, en presencia de Juan Viaño, Rodríguez Eiras e Rubiralta
Daniel Pérez recolle o premio de mans da conselleira Rosa Quintana, en presencia de Juan Viaño, Rodríguez Eiras e Rubiralta
O gañador recibiu o galardón nun acto presidido polo reitor Juan Viaño en Veterinaria e no que participaron o presidente de Aresa, a conselleira de Medio Rural e do Mar e Màrius Rubiralta, que falou...

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa recibiu esta noite no Auditorio da Facultade de Veterinaria do campus de Lugo o XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural. O presidente da entidade, Daniel Pérez Pérez, foi o encargado de recoller o galardón, dotado con 10.000 euros e unha placa conmemorativa.

A gala de entrega do premio, un acto que todos os anos reúne ás personalidades máis destacadas do mundo social, económico, político e cultural da capital, estivo presidida polo reitor da USC, Juan Viaño Rey, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, acompañados na mesa pola conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e os membros do xurado deste ano, o presidente da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade Calvo, e Màrius Rubiralta Alcañiz, da Universidade de Barcelona. Precisamente Rubiralta, que é director do Campus da Alimentación de Torribera, da Universidade de Barcelona, foi o encargado da lectura da lección maxistral, que se desenvolveu baixo o título ‘ Desenvolvemento territorial e cohesión social a través do coñecemento agroalimentario e gastronómico’, coa que se iniciou o acto. Este experto en alimentación fixo referencia ao proxecto de creación do Campus Terra na sede universitaria luguesa, facendo unha comparación entre a Universidade de Barcelona, á que pertence, e á de Santiago. “Dos regiones europeas con sus modelos de dieta característicos, la Dieta Mediterránea y la Dieta Atlántica; dos universidades innovadoras, la UB y la USC, con dos proyectos de campus de especialización agroalimentaria TERRA y TORRIBERA, con dos comunidades agroalimentarias comprometidas”, sinalou. A entrega do galardón á Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón da Costa estivo a cargo da conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Mosquera, quen trasladou os seus parabéns a Daniel Pérez e, por extensión, a todos os queixeiros e produtores de queixo da D.O.P. San Simón da Costa . O presidente do grupo Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, destacou do gañador desta edición do premio “su contribución a la mejora de la economía rural, transformando un producto del sector primario, como es la leche, y dándole un valor añadido a través de su elaboración y posterior comercialización”. Explicou que un dos puntos que axudou ao xurado a optar por este candidato foi o feito de que “ once fábricas de queso situadas en un ámbito geográfico limitado se hayan puesto de acuerdo para la explotación conjunta de un producto que han conseguido prestigiar tanto, contradicindo la opinión extendida de que los gallegos somos incapaces de asociarnos”. D.O.P San Simón da Costa A Denominación de Orixe Protexida Queixo San Simón agrupa a 11 queixerías cunha produción media anual de 400.000 kg, o que reduce os problemas asociados á comercialización de leite líquido á vez que xera un considerable valor engadido. A zona de produción do leite apto para a elaboración destes queixos está constituída pola área xeográfica da Terra Chá, que engloba aos concellos de Vilalba, Muras, Xermade, Abadín, Guitiriz, Begonte, Castro de Rei, Cospeito e A Pastoriza. Trátase dunha zona cunha longa tradición na fabricación de queixos, onde o sector lácteo supón unha parte moi importante na economía da zona. Un sector lácteo composto fundamentalmente por gando vacún das razas Rubia Galega, Pardo-Alpina, Frisona e dos diversos cruces destas. Esta D.O.P. contou co recoñecemento nacional e internacional da calidade do seu produto, recibindo numerosos premios. Recentemente foi recoñecido cunha medalla de prata e dúas de bronce nos premios World Cheese Awards. O labor desenvolvido coincide plenamente co obxectivo do premio xa que contribuíu de forma decisiva á mellora da economía rural da Terra Chá da provincia de Lugo. Oreitor da USC, que pechou o acto coa súa intervención, incidiu no feito de que “falar de desenvolvemento rural é falar de futuro”. Así, logo de destacar o compromiso da institución académica coa sociedade, Juan Viaño referiuse ao proxecto de Campus Terra como unha estratexia a través da que a USC pretende crear en Lugo o clima necesario para que todos os profesionais que desexen traballar sobre calquera aspecto ligado ao ámbito agroalimentario teñan as ferramentas, os compañeiros e as posibilidades necesarias para lograr importantes avances no día a día. “Este proxecto de especialización do campus de Lugo pretende crear un novo modelo de formación integral onde a investigación e a docencia vaian da man”, destacou Viaño no peche dunha cerimonia que congregou numeroso público no auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo, onde se deron cita a maioría dos 11 produtores de Queixo San Simón da Costa, así como unha ampla representación da sociedade chairega, entre a que estaba o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado. Representantes da vida política, social e académica O alcalde de Lugo, José López Orozco; o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo; o Secretario Xeral de Universidades, Alberto Díaz de Castro; a vicepresidenta segunda da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez, o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, o directorxeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo; a secretaria técnica de Medio Rural e do Mar, Isabel Concheiro; o senador por Lugo Joaquín García Díez e o parlamentario autonómico Jaime Castiñeira, foron algúns dos representantes políticos que acudiron á cerimonia.

O presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, o director da Fundación Cetal, Javier López Viana; os presidentes dos colexios de veterinarios, Ana María López, e de Agrónomos, Álejandra Álvarez de Mon; a presidenta do grupo El Progreso, Blanca García Montenegro;, o vicepresidente de Caixa Rural, Luciano Sánchez, así como unha nutrida representación académica, na que figuran os vicerreitores de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, e de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro, ou o ex reitor da USC Senén Barro, ademais de decanos e directores de centros do campus de Lugo e membros do Consello Social da USC, tamén participaron neste acto de entrega do XV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

Asistentes ao cto de entrega do XV Premio Aresa na Facultade de Veterinaria de Lugo

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.02.2015.