Dous cursos en Dereito debaten a protección do consumidor de produtos financeiros e o bo goberno empresarial
O Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI) abriu o prazo de matrícula para os cursos de libre configuración ‘Integración europea e dereito privado’ e “Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas” do Módulo Jean Monnet, que como cada ano se desenvolve na Facultade de Dereito. A matrícula estenderase ata o 28 de febrero, en liña para as persoas vinculadas á USC a través da secretaría virtual ou nas Unidades de Xestión Académica da USC. Estes cursos, que alcanzarán coa deste ano a súa décima edición, teñen convocado en Santiago a destacados/as representantes do Instituto Galego de Consumo, Consello Galego da Competencia, así como a expertos das universidades de Vigo, A Coruña, Valladolid, Álcala, Autónoma de Madrid, e Santiago de Compostela. Nesta edición trataranse temas de actualidade como os aspectos financeiros da protección do consumidor e do investidor, as preferentes, as cláusulas abusivas, o crédito ao consumo ou a responsabilidade social empresarial, entre outros asuntos. Para acadar máis información pódese consultar a web www.usc.es/crgi ou contactar con elena.carrillo [at] usc.es (elena[dot]carrillo[at]usc[dot]es) ou armidaliliana.gallegos [at] usc.es (armidaliliana[dot]gallegos[at]usc[dot]es).