Dous itinerarios para alumnado estranxeiro achegarao aos espazos universitarios de Compostela
De carácter divulgativo e gratuíto, o alumnado estranxeiro da USC poderá participar a vindeira semana en dous itinerarios que o achegarán aos distintos emprazamentos universitarios de Compostela. A primeira posibilidade será o martes 24 e a segunda ao día seguinte, o mércores 25, en ambos dous casos con saída ás 10.00 horas dende o Café de Linguas da Biblioteca Concepción Arenal. Logo dunha charla por parte do director da Biblioteca Concepción Arenal e dunha representación do Centro de Linguas Modernas, o percorrido levará aos grupos por diferentes lugares de interese académico ao longo de Campus Vida, como a Oficina de Información Universitaria, os comedores, as instalacións deportivas ou o servizo de xestión académica. Deseguido, o itinerario dirixirase ao Colexio de Fonseca, a Biblioteca Xeral e a Facultade de Xeografía e Historia, como espazos representativos do patrimonio histórico da USC. A inscrición pode realizarse a través da páxina web do Servizo de Deportes ou de xeito presencial na piscina universitaria (Campus Vida) en horario de 9.00 a 14.00 horas.