Dous judokas do club USC entre os mellores de España en sub-20
O Club Deportivo Universidade de Santiago estivo representado na fase final do Campionato de España sub-20 de Judo coa participación de Ana García Esmorís e Pablo Forján Somoza. Nesta competición participaban os dezaseis mellores judokas de todo o territorio nacional en cada categoría de peso. Ana García Esmorís, quen acadou o quinto posto, igualou a súa participación nas últimas dúas edicións. O resultado acadado confirma, en opinión dos responsables do club universitario, as magníficas capacidades deportivas de Ana García, quen en sete anos de participación en campionatos nacionais estivo sempre na loita polas medallas, logrando un total de tres. O outro representante da USC, Pablo Forján atopouse na categoría de -60 quilos cun sorteo complicado ao ter que enfrontarse en primeira rolda ao múltiple campión de España, J. M. Gey, ante o que perdeu o seu combate.