Ir o contido principal

Dous proxectos de alumnado do MERYCSE alcanzan a final do concurso EDPR University Challenge 2023

A reutilización de pas eólicas centrou un dos traballos premiados. FOTO: Pixabay
A reutilización de pas eólicas centrou un dos traballos premiados. FOTO: Pixabay
As propostas incidían na reutilización de pas eólicas e no deseño dunha planta de hidróxeno verde
Santiago de Compostela

Os traballos titulados ‘Aplicación da Economía Circular na reutilización de pas eólicas para o desenvolvemento sostible das comunidades rurais’, realizado por Louise Martínez e Lina Meyer, e ‘Green Hydrogen Off Grid Production Plant In Galicia - Spain : Design and Value Chain Improvements’ realizado por Julen Plazaola e Rigo Alberto Barrios, alcanzaron a fase final do concurso EDPR University Challenge 2023. Ambos son traballos desenvolvidos no contexto do Mestrado en enerxías renovables, cambio climático e desenvolvemento sustentable (MERYCSE). O concurso EDPR University Challenge 2023 é un concurso anual que busca estimular a comunidade universitaria brindando ao alumnado a oportunidade de aplicar os seus coñecementos no desenvolvemento dunha área temática ou proxectos en ámbitos da enxeñaría, a xestión, a economía, o marketing ou a comunicación.

O proxecto realizado por Lina Meyer e Louise Martínez propoñía  a creación dunha startup, a través dunha planta de reciclaxe, para a reutilización das pas eólicas co fin de desenvolver produtos innovadores que axuden ao desenvolvemento sostible das comunidades rurais como tanques de auga ou xurros, tellados de galpóns, ou comedeiros de gando.

Por outra banda, o traballo realizado por Rigo Alberto Barrios e Julen Plazaola deseña unha planta de hidróxeno verde alimentada con un sistema hibridado de enerxías renovables con obxectivos de apoiar no proceso de descarbonización e para  migrar a produtos rematados como Metanol, Amoniaco, E-fuels o Bio metano para optimizar o aspecto financeiro. Ambos traballos quedaron entre os dez primeiros proxectos presentados nesta convocatoria.
 

Alumnado premiado do mestrado MERYCSE
Alumnado premiado do mestrado MERYCSE
Os contidos desta páxina actualizáronse o 30.10.2023.