Ir o contido principal

Dous seminarios no CIQUS explorarán a vindeira semana as ‘Fronteiras da Ciencia’

O investigador da Universidade de Cambridge Mattew Gaunt impartirá a vindeira semana unha serie de talleres no marco do Ciclo ‘Fronteiras da Ciencia’ e promovidos polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS). Na primeira das citas, o luns 21, Matthew Gaunt referirase ao tema ‘ New copper-catalyzed reactions’, nunha sesión que comezará ás 17.00 horas no Seminar Room do CIQUS. Ao día seguinte, o martes 22, a intervención proposta leva por título ‘New direction in palladium-catalyzed C-H activation’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.05.2012.