Ir o contido principal

Dous traballos da USC, recoñecidos nos premios de investigación en comunicación dixital UAB 2022

Silvia Penelas Cuiña
Silvia Penelas Cuiña
Silvia Penelas Cuiña e Amalia Álvarez Vázquez obtiveron, respectivamente, o primeiro e terceiro galardón
Santiago de Compostela

Silvia Penelas Cuiña, alumna do grao en Xornalismo, gañou o primeiro premio da quinta edición dos galardóns en investigación en comunicación dixital UAB 2022 co seu traballo fin de grao ‘Branded content para a educación sexual’, titorizado polo profesor José Sixto García no curso 2021-2022. O premio está dotado con 500 euros. Ao certame presentáronse uns 50 traballos de diferentes universidades españolas e estranxeiras. 

Na terceira posición tamén quedou un traballo titorizado por José Sixto García, neste caso do grao en Dereito, presentado por Amalia Álvarez Vázquez e cuxo título é ‘Análise xurídica das novas formas de publicidade en redes sociais: os influencers en Instagram’. Este terceiro premio está dotado con 100 euros.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.04.2023.