Máis de douscentos expertos participan na XXVI Reunión do Grupo Especializado en Química Organometálica
Máis de douscentos expertos internacionais asisten ata o venres 12 á XXVI Reunión do Grupo Especializado en Química Organometálica. As conferencias do encontro, que se celebran na Facultade de Medicina, comezaron este mércores coa intervención do catedrático da Universidade de Oviedo, José Jimeno, sobre compostos químicos e as súas utilidades.
No transcurso da xornada, tratáronse outras cuestións como as interaccións non covalentes en complexos metalorgánicos, o estudio da retrometalación, polímeros con Grupos Estannilo como reactivos reutilizables na reacción de stille ou novos derivados luminescentes de ouro. Impartiron as conferencias profesores procedentes de Castela A Mancha, Londres, Sevilla, California, Valladolid, Zaragoza, Huelva e Santiago.
Xoves 11A sesión do xoves 11 abrirá, ás 9:30 horas, co relatorio do experto do Centro Nacional da Investigación Científica en Francia titulado ‘Logros recentes nos usos de compostos ciclometalados. Da catálise á química medicinal’ e, ás 10:30 horas, o profesor da Universidade de Alcalá, Ernesto de Jesús Alcañiz, falará sobre un tipo de reaccións químicas.
Xa, ás 11:30, o investigador do Instituto brasileiro de Química –UFRGS, Jairton Dupont, profundará neste eido da química relacionándoo coas nanopartículas e, ás 12:10 horas, reuniranse os membros do Grupo Especializado en Química Organometálica.
Os metalocenos con acento inglés, os organometálicos de silicio ou novas reaccións químicas serán algúns dos temas a tratar na última xornada da XXVI Reunión cuxo acto de clausura se celebrará o venres 12 ás 13:10 horas.