Ir o contido principal

O doutor Juan Zalvide disertará sobre o xene supresor de tumores p16 en cancros Rb negativos no ciclo de charlas sobre Xenética Médica

O doutor do Departamento de Fisioloxía da USC Juan Zalvide protagonizará este venres, día 9, unha nova sesión do ciclo de charlas sobre Xenética Médica 2007.
Nun acto a celebrar a partir das 13:00 horas na Aula 2 do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o doutor Zalvide pronunciará a conferencia titulada ‘O xene supresor de tumores p16 en cancros Rb negativos: ¿só un pasaxeiro?’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 08.02.2007.