Ir o contido principal

Unha doutoranda xaponesa da USC interésase pola obra de Castelao

A obra Sempre en Galiza de Castelao é o tema de estudo do traballo de doutoramento que a profesora xaponesa das universidades de Kandai e Tenri Eriko Terao está a desenvolver no Departamento de Lóxica e Filosofía Moral da Universidade de Santiago.
Doutora en Filoloxía e Cultura pola Universidade xaponesa de Kansai Gaidai interesouse pola cultura galega no marco dos seus estudo sobre a lingua e a cultura española ao realizar a súa tese xaponesa sobre as orixes da identidade galega.
Aínda que o interese investigador de Eriko Terao diríxese ao conxunto dos escritores galegos, o seu campo de investigación decidiu centralo particularmente no conxunto que integrou a Xeración Nós. O seu traballo conta coa colaboración en calidade de titor do profesor da USC Marcelino Agís a quen coñeceu en 2005 con motivo dunha visita de profesores composteláns a Xapón e dende entón manteñen distintos eidos de colaboración.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.09.2008.