Druidess USC representará á Universidade na sexta tempada de Amazon University Esports

A USC acaba de adherirse á competición estatal de esports entre universitarios Amazon University Esports, xestionada por GGTech Entertainment. O acordo entre as entidades persigue o obxectivo de promover os deportes electrónicos como ferramenta para transmitir valores positivos como responsabilidade, integración social, esforzo e superación. Druidess USC representará á Universidade na sexta tempada da competición.
“Durante todo o desenvolvemento da competición, insistimos e promovemos unha cultura positiva que axude aos nosos xogadores a medrar tanto a nivel persoal como a nivel de equipo”, apuntan os impulsores da iniciativa. Amazon University Esports é unha “intensa” competición na que toman parte en torno a 25.000 xogadores de toda España.