Ir o contido principal

Dúas investigadoras do Grupo Histagra falan do medio rural galego en Historia

Dúas investigadoras do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural presentarán este xoves 8 na Facultade de Xeografía e Historia o estado actual das súas investigacións de doutoramento. Será ás 10.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e América cando Araceli Freire Cedeira explique o traballo ‘Conflitividade social no medio rural galego durante o franquismo. O caso dos montes veciñais en man común’ e Beatriz Corbacho González faga o propio con ‘A transición socioecolóxica dunha agricultura atlántica europea: o caso da agricultura galega, 1750-2000’.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2012.