Eclecticismo en estado puro na Igrexa da Universidade

O escultor Alfonso Rivero de Aguilar inaugura este venres 16 na Igrexa da Universidade a exposición ‘Eclecticismo en estado puro’. O acto de apertura terá lugar ás 20.00 horas e contará coa actuación do saxofonista Olivier. Alfonso Rivero presenta unha selección da obra dos seus últimos dez anos que dá conta de cómo traballa coa ductilidade dos distintos materiais (onix, pedra de Llanes, granito...) extraendoformas nas que a natureza é a súa máis importante inspiración. A sensibilidade do acabado da pedra é fundamental na súa obra, que comezou sendo claramente figurativa e que agora evoluciona cara a unha escultura na que os espazos comezan a cobrar protagonismo.
Coordinada por Cristina Carballedo, a mostra poderá visitarse ata o 14 de decembro de luns a venres de 17.00 a 20.30 horas.