Ir o contido principal

O eclipse parcial de Lúa terá lugar durante as primeiras horas da noite do sábado 16

No transcurso das primeiras horas da noite do sábado, día 16, terá lugar un eclipse parcial de Lúa “de importante magnitude”, advirte o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.
Ao contrario que sucede cos de Sol, para a súa observación directa non será necesaria ningunha precaución. Poderá seguirse con prismáticos e telescopios “sobre todo, nos momentos nos que a luz da Lúa Chea non moleste”, segundo apunta o profesor.
Docobo explica que no eclipse de Lúa, debido á iluminación do Sol, a Terra proxecta tras de si un cono de sombra que, a súa vez, envólveo un cono de penumbra. Antes de entrar parcialmente na zona máis escura, a Lúa atravesará a parte penumbral e, nese intre, o satélite seguirá sendo visible. O eclipse sería total se entrase de xeito completo no espazo de sombra.
O feito de que a parte do disco lunar oculto pola sombra terrestre continúe a vista, con tons vermellos ou marróns, débese a que a atmosfera desvía parte da luz solar e esta incide sobre o satélite eclipsado.
O vindeiro ano poderán observarse dende a Península Ibérica, un eclipse penumbral e outro parcial de Lúa pero de escasa magnitude. No tocante aos solares, o próximo será parcial o 4 de xaneiro de 2011 e para contemplar un total haberá que agardar ata 2026.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 31.07.2008.