A eclipse total de sol deste luns 21 será parcial en Galicia

A eclipse total de sol deste luns 21 de agosto visiblizarase como parcial en Galicia e nunha magnitude moi pequena, o que significa que se tapará a cuarta parte da superficie do astro. A totalidade da eclipse só será visible nunha franxa duns 200 quilómetros de ancho que percorrerá EE.UU., Atlántico Norte e Pacífico Norte.
Na nosa zona poderá observarse xusto na posta do sol, en torno ás 21:15 horas (oficial peninsular). O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, advirte de que a pesar de que o sol está moi baixo é imprescindible cumprir co protocolo de protección da vista, ou sexa, dispor de gafas especiais ou proxectar a imaxe do Sol sobre unha parede ou cartulina”. Nunca, insiste, debe observarse o sol sen protección adecuada “e aínda menos a través de instrumentos como prismáticos ou telescopios”.