Ir o contido principal

Económicas e Empresariais impulsa o ciclo de relatorios ‘Aprendendo das empresas/institucións’

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. FOTO: Santi Alvite
O vindeiro luns, 31 de outubro, Ana José Varela da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos pronunciará o relatorio ‘A OCDE e o multilateralismo no contexto internacional’
Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais dá pulo ao ciclo de conferencias ‘Aprendendo das empresas/institucións’. O vindeiro luns, 31 de outubro, Ana José Varela da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos pronunciará o relatorio ‘A OCDE e o multilateralismo no contexto internacional’. A sesión terá lugar ás 12.30 horas, no Salón de Graos do centro.

En vindeiras datas está previsto que interveñan Imelda Capote e Patricia Cardador, da Axencia Estatal de Administración Tributaria (9 de novembro); Lucía Novo, CEO en Tórculo C.G.(15 de novembro); Enrique Sáez, da Fundación Juana de Vega (23 de novembro); ademais diversos relatores tratarán nunha mesa redonda o liderado feminino e cultura empresarial (30 de novembro).

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.10.2022.