Ir o contido principal

Nova edición do certame de curtas de comedia en galego ‘Somos a curta’

O alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de imaxe e son está convidado a participar na terceira edición do certame de curtas de comedia ‘ Somos a curta’ organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega. O prazo de presentación de pezas, en galego e cunha duración máxima de dez minutos, está aberto ata o 15 de outubro. O día 21 comunicaranse no web os traballos admitidos e o 7 de novembro terá lugar na propia facultade a gala de entrega de premios, conducida polas poetisas Lucía Aldao e María Lado.

O premio está dotado con 400 e 200 euros, respectivamente, para os dous proxectos mellor valorados polo xurado, que estará formado por profesionais na materia. Ademais farase entrega dun premio ao traballo que mellor aceptación teña entre o público asistente á gala.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 20.09.2013.