Ir o contido principal

Editan un manual sobre os aspectos médico legais das vítimas de violencia en situacións de vulnerabilidade

A profesora do departamento de Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses Marisol Rodríguez Calvo acaba de publicar un manual sobre os aspectos médico legais das vítimas de violencia con condicións ou en situacións de vulnerabilidade.

O libro La violencia contra la mujer y otras víctimas vulnerables , pertencente á colección ‘Manuais de Dereito Penal’ de Tirant Editorial, está pensado para o alumnado de Medicina legal dos graos de Medicina, Dereito e os estudos de Criminoloxía, pero é tamén de interese para profesionais que traballen con estas situacións.

O volume estrutúrase en cinco capítulos nos que trata de forma exhaustiva distintas formas de violencia, como a exercida contra a muller na parella, os abusos mediados por submisión química, o maltrato ás persoas maiores, o maltrato infantil e abuso sexual ao menor e a agresión, abuso e acoso sexual en vítimas adultas.

Manuel de Dereito penal e procesal
Simultaneamente a mesma editorial editou outro manual, Violencia contra la mujer. Manual de Derecho Penal y Procesal Penal, dirixido e coordinado polo profesor da Facultade de Dereito Fernando Vazquez-Portomeñe.

Ambos textos son froito dun traballo de colaboración que na USC levan desenvolvendo estes dous profesores dos ámbitos do dereito e a medicina dende hai xa varios anos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.06.2016.