A egresada da USC Marta Fernández gaña o Premio Enfermería Xoven ao mellor TFG do Colexio Oficial de Sevilla

A egresada da Facultade de Enfermaría da USC Marta Fernández Soto gañou o Premio Nacional de Investigación Enfermeira Cidade de Sevilla na categoría ‘Premio Enfermaría Xoven ao mellor Traballo Fin de Grao 2025’, un recoñecemento que dende hai 40 anos concede o Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría (ICOES).
O seu TFG, defendido o curso pasado, versou sobre a competencia motriz, a condición física e os estilos de vida saudables no estudantado de Enfermería da Universidade de Santiago de Compostela, e foi titorizado por Aida Carballo Fazanes e Antonio Rodríguez Nuñez.
Na súa investigación Marta Fernandez, que hoxe exerce no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, observou que “o estudantado de Enfermería con peores hábitos de vida, peor percepción da saúde e da súa condición física obtiveron resultados inferiores nas diferentes probas de competencia motriz e condición física”.