Ir o contido principal

O egresado da USC Manuel Segade convértese no novo director do Museo Reina Sofía

Museo Reina Sofía. FOTO: @culturagob
Museo Reina Sofía. FOTO: @culturagob
É licenciado en Historia da Arte pola Facultade de Xeografía e Historia
Santiago de Compostela

O licenciado en Historia da Arte pola Facultade de Xeografía e Historia da USC, Manuel Segade, acaba de ser elixido novo director do Museo Reina Sofía. O, ata o de agora, xestor do Centro de Arte Dos de Mayo (CA2M) de Móstoles, en Madrid, resultou o candidato con maior puntuación no proceso de elección para a nova dirección do museo madrileño. 

“Creo que a miña elección volve demostrar outra vez que na cultura contemporánea, o aparentemente menor o xeograficamente periférico, constitúe unha achega fundamental”, asegurou Segade aos medios de comunicación tras coñecer o seu nomeamento.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.06.2023.